Os Chemical Brothers engaden á súa xira española a Santiago de Compostela, para formar parte da programación de Latitudes, un ciclo musical posto en marcha por Turismo de Galicia no marco do Ano da Misericordia. O seu obxectivo é proporcionar tanto a galegos/as coma a turistas e peregrinos que visitan a nosa comunidade neste período de celebración un valor engadido á súa ampla oferta turística.

A carreira de The Chemical Brothers: Tom Rowlands e Ed Simons, ten xa 25 anos e son considerados unha autoridade na música electrónica. Cunha posta en escena espectacular, os británicos  gañaron a súa presenza nos mellores festivais do mundo.

A súa gran-beat con house, techno, trip-hop, rock electrónico e de danza alternativa, os últimos éxitos do seu álbum ‘Born In The Echoes’, que presentarán en Santiago, e os éxitos de sempre farán do concerto de The Chemical Brothers o 30 de outubro, no Multiusos Fontes do Sar unha cita difícil de esquecer.

Establecementos asociados de Hostelería Compostela ofrecen para este concerto prezos especiais para os asistentes que teñan a idea de pasar a noite na nosa cidade. As ofertas as podedes consultar dende aquí.