A Xunta de Galicia por medio da Axencia de Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia nº 16, do 23 de xaneiro de 2018, a Resolución onde se anuncian Subvencións a entidades privadas, para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento, onde:
Considéranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018. Son obxecto de subvención os seguintes investimentos:
• Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
• Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento da categoría.
• Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
• Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.
• Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.
O investimento neto admitido será de ata 100.000€ , é dicir, o importe facturado unha vez reducido o imposto sobre o valor engadido.
Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización dos proxectos acordes aos requisitos e criterios indicados nesta orde.
Serán gastos subvencionables os seguintes:
• Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} do investimento neto admitido.
• Bens de equipamento, comprendidos no proxecto, que deben ser empregados mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra. Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra estas condicións.
Non serán gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coa actuación subvencionable e, en ningún caso, os seguintes:
• Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
• Gastos correntes da empresa, así como enxoval de cociña e comedor (vaixela, xogo de cubertos, cristalería e pequenos utensilios).
• Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura, arranxos de carpintería…).
• Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
• Gastos de conectividade.
• Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvoltos pola entidade solicitante.
En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención abóneos efectivamente. En ningún caso vanse subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren, segundo do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.
A concesión destas subvencións queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.
Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que, en caso de recibir as persoas beneficiarias outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.
Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que , aisladamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Persoas beneficiarias:
• Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as entidades ou empresas que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2001, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os beneficiarios indicados anteriormente, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Pequena empresa é aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados polo solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que figura no REAT, deberase acreditar esta condición coa presentación da solicitude.
• Deberá de acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice ao beneficiario para realizar o investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obrigación de manter a actividade prevista, tal e como indica o artigo 19 desta orde: “manter a actividade subvencionada e a súa actividade en Galicia durante un período mínimo de cinco (5) anos contados desde a data en que se produza a liquidación definitiva da subvención”.
• Deberase acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade do establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data da solicitude da axuda. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o cuarto grao incluído de consanguinidad ou afinidade durante o devandito período.
• Os requisitos para ser beneficiario deberanse cumprir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
• Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coa subrogación do novo titular na posición xurídica de beneficiario da subvención.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Os criterios de valoración dos proxectos ou accións subvencionables que se presenten terán unha valoración específica, podendo ser a súa porcentaxe de subvención entre un 25 {b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} e un 35{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} sobre o investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 35.000 €.
O prazo para presentación de solicitudes finaliza o 23 de febreiro de 2018.
Se desexa máis información sobre este tema, pode pasar ou chamar ás nosas oficinas: Rúa Salvadas, 29. Teléfono: 981 592 700