A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, presentaron a semana pasada no Pazo de Raxoi as principais liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Sen embargo, a Xunta de Galicia, que é a que ten a competencia neste asunto, é contraria a esta medida. Desde a Asociación Hostelería Compostela somos conscientes de que o debate está aí e haberá que escoitar a todas as partes. Sobre todo, preguntámonos a que se destinarían os cartos en caso de establecela. Podedes escoitar a opinión dos nosos directivos no seguinte vídeo a partires do minuto 8.