A XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou.

Santiago(é)tapas

O concurso estrea unha imaxe que busca afondar no concepto de ubicación, amosando Santiago como o lugar perfecto onde gozar dunhas boas tapas. O novo logo garda tamén relación coa meta do Camiño de Santiago e as rutas de locais – as coñecidas (é)tapas – que poderán percorrer todos aqueles veciños e veciñas, así como visitantes, seguindo candanseu tapasporte.

Os obxectivos principais deste certame son incentivar a cultura gastronómica, dinamizar á cidade nun mes tradicionalmente de menor afluencia turística e amosar a calidade e o bo facer dos nosos hostaleiros e hostaleiras.

A gran novidade desta edición é a organización do I Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles que tamén se celebrará do 14 de novembro ao 1 de decembro, sen fase final.

O prazo de inscrición para ambos concursos xa está aberto e prolongarase ata o 20 de outubro. Cada local poderá presentar un máximo de tres tapas e/ou dous cócteles. Establécense dúas modalidades de tapas: tapa tradicional (entre 1 e 2 euros) e tapa creativa (entre 2 e 3,50 euros). Enténdese por tapa creativa aquela que utilice produtos, técnicas de elaboración e presentación innovadoras. Así mesmo, haberá un premio maridaxe Mahou, no que poden participar ambas as dúas modalidades, sempre que o seu consumo se maride con calquera das distintas cervexas de Mahou. En canto ao Santiago(é)Cóctel, establécense dúas modalidades de cócteles: cóctel clásico (5 euros) e cóctel creativo (6 euros).

Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, fíxase como requisito imprescindible para participar que as tapas inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. No caso dos cócteles será imprescindible que inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto galego.

Premios

Outra novidade con respecto ao ano pasado é o número e a distribución dos premios. Entre todas as tapas presentadas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500; e un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en produto e un showcooking nun evento Mahou. Tamén se outorgarán os premios do público á tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un.

Premiaranse dous cócteles, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un. Tamén haberá premios para os/as consumidores/as, que poderán optar a eles por completar as diferentes (é)tapas. Uns agasallos nos que está traballando a organización e que crecerán en cantidade e calidade con respecto a pasadas edicións.

PROMOVE

PROMOVE

ORGANIZA

ORGANIZA

PATROCINA

PATROCINA

COLABORAN

COLABORAN

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies