RUTAS DE VIÑOS ‘REVERA VINUM COMPOSTELA’ 

BASES PARTICIPACIÓN

Poderán participar nestas rutas todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas. A organización fixa o número de locais participantes nun máximo de 42, por rigorosa orde de inscrición. Inscricións: Deberán rexistrarse, para tal fin, entre o 24 de febreiro e o 3 de marzo (ambos incluídos) enviando a folla de inscrición por correo, entregándoa persoalmente na oficina técnica do evento, cubrindo o formulario de inscrición que adxuntamos neste mail ou na páxina web reveravinum.gal.

Oficina técnica

Rúa das Salvadas 29 . 15705 Santiago de Compostela

Enderezo electrónico

socios@santiagohosteleria.org

Teléfono

981 59 27 00

Horario

de 9 a 14 e de 16 a 19 horas de luns a xoves e venres de 8 a 15 horas.

Os locais participantes deberán:

Selar o ‘tarxetón’ a todos os clientes que o precisen, logo de que consuman unha copa da lista de viños con DO ou IXP galegas que teñan no local. Exhibir nun lugar visible o cartel coa lista de viños con DO ou IXP galegas dispoñibles Conservar os ‘tarxetóns’ cubertos pola clientela ata a finalización do evento, cando a organización as recollerá para proceder ao sorteo de agasallos. O presente evento queda suxeito ás limitacións que, como consecuencia da actual situación de pandemia, se impoñan polas autoridades con competencias en materia de saúde pública.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies