Os datos do Ministerio de Sanidade a 22 de Outubro, cando aínda non se decretara o peche da hostalaría, sitúa nun 2,1% os gromos que se producen nos locais de ocio representando o 4.7 % do total de caso activos.

Este dato obxectivo, lévanos á conclusión que a hostalaría non é o obxecto central sobre o que deben pilotar as medidas de contención da pandemia da COVID-19. Aínda así, conscientes que somos un dos múltiples escenarios onde se pode producir unha concentración de persoas, asumimos a responsabilidade de colaborar activamente na contención da pandemia e facemos un chamamento a que os gobernos asuman a súa responsabilidade e abandonen o argumento de depositar na responsabilidade individual e colectiva da sociedade o éxito desta encomenda.

Defendemos a saúde como cuestión prioritaria sobre outra calquera, mais reclamamos poder manter un equilibrio necesario entre a saúde e a economía, cuestións que van ligadas directamente.  Mantemos a opinión que existe unha criminalización do noso sector, que non se xustifica en base a datos obxectivos.

Non pretendemos condicionar o debate das medidas a adoptar. Esta cuestión é responsabilidade do goberno. Valoramos que se teña en conta a nosa opinión e que sexa esta un elemento de peso á hora de tomar as decisións, dado o peso específico que o noso sector ten no conxunto da economía galega.

Solicitamos un Plan, revisable no medio prazo, en base a datos concretos da situación sanitaria, que as restricións se apliquen en base a datos concretos e obxectivos. Precisamos a maior estabilidade posible nas circunstancias que se dan, cuestión esta que non se pode dar a golpe de anuncios televisivos. En base a unha publicación transparente dos datos e unha correlación entre as restricións e a situación sanitaria, permitiranos ter maior antelación para poder asumir de maneira planificada ao cumprimento das normas.

Solicitamos que nese Plan se recollan as medidas necesarias de protección das persoas e dos negocios que finalmente, en base ás propias características do local, non poidan desenvolver a súa actividade coas medidas adoptadas. O sector non pode seguir asumindo as consecuencias económicas das decisións adoptadas polo goberno e as persoas que forman parte deses negocios teñen que poder contar cun sistema de protección social que garanta as garantías mínimas vitais.

É necesario facer unha revisión acerca dos comportamentos do virus, e a incidencia que ten o sector nos contaxios. Así observamos,  como en Madrid que non se chegou a pechar a hostalaría, a incidencia experimentou unha enorme baixada. Pola contra, Cataluña que mantivo a hostalaría pechada mes medio, non tivo o efecto desexado na curva de contaxios.

Estes exemplos, lévannos inevitablemente a mirar para o modelo Madrid, como un modelo que demostrou a súa eficacia, son por tanto, as cuestións relacionadas co noso sector as que vamos a ter como referencia.

Segundo o documento do Centro de Coordinación de Alertas y Emergencias Sanitarias INFORMACIÓN CIENTÍFICA-TÉCNICA Enfermedad por coronavirus, COVID-19, actualizado o 12 de Novembro, onde se analizan as diferentes posibilidade de transmisión do virus, concédeselle unha especial importancia á transmisión por gotas e aerosois con especial importancia ás emisións respiratorias de menos de 100 micras  que di o seguinte: considéranse un aerosol, posto que queda suspendido no aire por un tempo (segundos ata horas) no que pode ser inhalado a unha distancia superior a dous metros do emisor ou incluso en ausencia dun emisor, se aínda persisten suspendidas no aire. Indica a continuación que : Os aerosois que se producen ao respirar ou falar son en más de un 80-90% de tamaño moi pequeno.

Conclúese que é esta cuestión a que nos debe de ocupar, incluso máis que o distanciamento físico que evita que as gotas superiores a 100 micras teñen un comportamento “balístico” descendendo ao chan en poucos segundos polo efecto da gravidade e poden recorrer unha distancia máxima de dos metros del emisor. Estas gotas poderían alcanzar a una persoa susceptible que estivera cerca impactando en algún lugar (ollos, boca, nariz) desde o cal podería causar a infección.

A principal solución a esta cuestión entendemos que é a limitación de aforo, a prioridade dos espazos exteriores e a ventilación do espazos interiores, maiormente a natural.

A respecto desta cuestión propoñemos:

  • A posibilidade de instalar medidores de CO2 nos interiores dos locais co obxecto de poder aumentar as limitacións de capacidade en base a datos concretos. Reforzar con ventilación mecánica aqueles locais que poidan ter unha ventilación natural insuficiente. Estas medidas deberán ser impulsadas pola Administración mediante unha orde de axudas específicas.
  • Levar un rexistro de reservas nos restaurantes, espazos onde habitualmente se está un maior espazo de tempo, co obxecto de poder acceder facilmente aos contactos en caso de producirse a presenza de algún contaxio coincidente na mesma franxa horaria.
  • Recomendación de limitar ou anular fíos musicais nos restaurantes cando a capacidade estea ao límite, para evitar que a xente teña que falar máis alto e emitir un maior nivel de aerosois.
  • Recomendación de acortar o tempo de estancia nos interiores para as outras actividades, cafeterías e bares, cuestión que minimiza o risco de contaxio.

Propostas de horarios, limitacións de capacidades e agrupacións de persoas

  1. Ampliación do toque de queda ás 00.00 h, último cliente ás 23.00 h
  2. Distanciamento físico de 2 m entre mesas ou agrupación de mesas, o que garante 1.5 m entre persoas
  3. A barra será considerada unha mesa única. A limitación de capacidade da barra virá determinado pola lonxitude da mesma, e determinarase en base ao distanciamento de 1.5 m/persoa. A agrupación de persoas non poderá superar o total permitido da mesma e en ningún caso o total máximo establecido en función das distintas situacións sanitarias. O aforo da barra estará especificado e visible e manterá a distancia de 2 m co resto de mesas.
  4. Permitir que os locais de ocio nocturno poidan desenvolver a actividades propias de café e bar no mesmo horario que o resto de establecementos, horario que teñen permitido nas súas licenzas. Actividades, así mesmo, para as que está habilitadas polo feito de contar cun permiso cunhas necesidades técnicas superiores ás de cafeterías e bares.

En base ás distintas situacións sanitarias en distintos territorios.

  1. Alerta vermella: Aforo interior do 50%, exterior do 75%. Agrupación máxima de 6 persoas, non necesariamente convivintes.
  2. Alerta laranxa: Aforo interior do 50%, exterior do 100%. Agrupación máxima de 10 persoas non necesariamente convivintes.
  3. Alerta amarela: Aforo interior do 75 % exterior do 100%. Agrupación máxima de 15 persoas non necesariamente convivintes.
  4. Estado sanitario verde: Aforo interior do 75 % exterior do 100%. Agrupación máxima de 25 persoas non necesariamente convivintes.

Has one comment to “PROPOSTA DE HOSTALARÍA COMPOSTELA PARA A DESESCALADA NA HOSTALARÍA”

You can leave a reply or Trackback this post.