A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da nosa Asociación, Sara Santos, presentaron a undécima edición de Santiago(é)Tapas, concurso de tapas da cidade, que se celebrará do 15 de novembro ao 2 de decembro. Este ano a organización, compartida por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela, decidiu introducir varias novidades importantes co obxecto de darlle un novo pulo o evento.

Lois explicou que en 2017 consumíronse máis de 34.000 tapas o que supuxo un incremento do 10{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} respecto á edición anterior. A concelleira sinalou que o obxectivo este ano é continuar con ese crecemento. Pola súa banda, Santos animou tanto ao público local como ao visitante a gozar desta iniciativa e ao sector a demostrar unha vez máis o potencial gastronómico co que conta a capital de Galicia.

Novidades

Unha das principais novidades é que este ano o concurso terá unha gran final, na que participarán 10 tapas finalistas. A organización comunicará públicamente o día 3 de decembro o listado destas dez tapas, escollidas por un xurado profesional. A gran final celebrarase do 7 ao 9 decembro. Os establecementos con tapas finalistas teñen a obriga de ofrecer durante estes tres días a súa tapa.

A gran final de Santiago(é)Tapas nace co obxectivo de darlle ao público a posibilidade de probar e valorar as tapas que o xurado considera as dez mellores do evento. Ademais, dende o punto de vista turístico, a final do concurso pode promocionarse coma un evento en si mesmo, con capacidade para a atraer a público foráneo aproveitando a ponte que terá lugar nesas datas.

Outra das novidades importantes da edición deste ano é unha nova distribución dos premios do concurso. Haberá un Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros, un Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotaco con 500 euros, e un Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase unindo a valoración do xurado profesional e o voto popular emitido durante os tres días da final.

Ademais, este ano o público premiará directamente cos seus votos emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros euros e a segunda con 300 euros.

A maiores, créase tamén o premio PREMIO(É)TAPAS+ co obxecto de dinamizar o concurso a través das redes sociais. O premio está aberto a participación de calquera persoa ou colectivo que difunda o concurso a través das seguintes redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram e Youtube. Este premio está dotado con 700 euros.

Finalmente, outra das novidades principais da edición deste ano é que se lle da liberdade aos locais participantes a que fixen o prezo das súas tapas a concurso, cun mínimo de 1,5 euros e un máximo de 3,5. Todas as tapas deben incluir polo menos un produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.