O alcalde de Ames, Xosé Miñones, recibiu esta mañá a unha representación da Xunta Directiva da Asociación Hostalaría Compostela e comarca, encabezada pola súa presidenta, Sara Santos, para tratar as alegacións ao borrador da ordenanza de terrazas presentadas pola nosa entidade.

A nosa entidade valora a vontade de diálogo amosada polo rexedor e o prazos que se manexan para tratar de chegar a un acordo. “As sensacións son boas”, indicou Santos.

Demasiado restritiva

Hostalaría Compostela vén denunciando no último mes que o borrador da nova ordenanza de terrazas é demasiado restritivo para a realidade de Ames. O sector observa con preocupación, entre outros temas, que moitas das cuestións que regula queden ao criterio arbitrario do servi-zo técnico municipal.

No caso concreto do Milladoiro, os hostaleiros son conscientes de que o seu modelo urbanístico dificulta o equilibro de espazos peonís coas terrazas, pero o sector considera que a solución non pode vir a costa dos seus establecementos. As terrazas son un espazo de socialización máis e existen outras medidas máis axeitadas como a reordenación do tráfico que sirva para gañar espazo para os peóns.