O presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, recibiu onte na sede da entidade a Luisa Lorenzo, recentemente elixida presidenta da Unión Hotelera Compostela, entidade que agrupa a case unha vintena de grandes hoteis da cidade. 

Nesta reunión, Rodríguez e Lorenzo abordaron varios asuntos que afectan ao sector que representan e acordaron estreitar as relacións entre ambas entidades, apoiándose e colaborando na defensa dos seus intereses. 

Ademais, as dúas asociacións informarán a partir de agora conxuntamente sobre as porcentaxes de ocupación dos seus establecementos asociados. Eses datos, que se obterán a través de enquisas aos hoteis e pensións que forman parte de ambas entidades, enviaranse aos medios de comunicación mensualmente. Tamén poderán consultarse na páxina web de Hostalaría Compostela: www.santiagohosteleria.net e proximamente na da UHC www.uhcompostela.com