Onte foi unha xornada moi especial para Asociación Hostalaría Compostela. Ademais de entregar os premios do XIV Santiago(é)Tapas -concurso que promove Turismo de Santiago e organiza a nosa entidade-, tamén outorgamos os galardóns do III Santiago(é)Cóctel e homenaxeamos á figura da muller na hostalaría da cidade, representada nas cociñeiras Carmen Iglesias, do restaurante A Charca; Esclavitud Pose Corral, do restaurante Los Caracoles (que non puido acudir á gala); e Matilde Rodríguez, do restaurante Don Quijote.

O III Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co patrocinio de Cash Record e Royal Bliss, que nesta edición contou con 35 cócteles participantes. Estas foron as propostas gañadoras:

Primeiro premio Santiago(é)Cóctel 2022, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros para ‘Frida Kahlo’ do Pub Atlántico.

– Segundo premio Santiago(é)Cóctel 2022, dotado cunha cocteleira, un diploma e 400 euros para ‘Purple rain’ de O Sendeiro.

– Mellor Gin Tonic Royal Bliss Tradicional, dotado cun diploma e 600 euros para ‘Get back’ de Pub Atlántico.

Mellor Combinado Royal Bliss Vangarda, dotado cun diploma e 600 euros para ‘Frida Kahlo’ de Pub Atlántico.