A Asociación reitera que a normativa vixente é de cumprimento obrigatorio 

A Asociación Hostalaría Compostela leva recibindo nas últimas semanas as queixas de varios locais asociados que están a sufrir ameazas e coaccións por parte de terceiros negándose a amosar o pasaporte COVID para acceder aos seus establecementos, chegando incluso a presentar denuncias no Instituto Galego de Consumo.

A entidade reitera que a normativa vixente, estéase ou non de acordo con ela, é de cumprimento obrigatorio e aqueles que non o fan estanse arriscando a unha multa económica. “Negarse a amosar o pasaporte COVID ou denunciar aos locais por pedilo non supón ningún beneficio social, senón que o único que se consegue é prexudicar a uns negocios que levan moito tempo pasándoo moi mal”, sinala o presidente, Thor Rodríguez. 

Aínda que a gran maioría da clientela respecta a normativa, Hostalaría Compostela lamenta que ademais de todas as restricións e perdas económicas que leva soportando o sector desde hai preto de dous anos, os hostaleiros e hostaleiras teñan que sufrir esta problemática. Por iso anima aos seus locais asociados a comunicar calquera situación de ameazas ou coaccións que reciban ao intentar obrigalos a non cumprir coa normativa vixente, para iniciar as accións administrativas e xudiciais pertinentes en defensa do sector. 

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.