O presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e o xerente da empresa Progesdatos, Santiago Nieto Rodríguez, asinaron esta mañá un acordo de colaboración polo que a entidade compostelá se adaptará á normativa europea en materia de protección de datos.

Ademais, grazas a este acordo, esta empresa ofertará un desconto especial por contratar os seus servizos aos máis de 600 locais de hostalaría de Santiago e a súa comarca aos que representa hoxe en día a Asociación. Desde Progesdatos recordan que realizar a adaptación á normativa europea é fundamental para todos os negocios, primordialmente para aqueles que contan con traballadores e/ou cámaras de videovixilancia.

Hostalaría Compostela sinala que aqueles locais asociados interesados en acceder a esta oferta deberán escribir ao correo electrónico socios@santiagohosteleria.org

Progesdatos é unha compañía que opera a nivel nacional e presta servizos de consultoría de Protección de Datos Persoais desde hai máis dunha década co fin de adecuar a empresas, organizacións e entidades públicas á normativa vixente en cada momento.