Formación

QUE FACEMOS...

Os rapaces do CIFP Compostela preparando un prato de uñas. Foto: Concello

Accións formativas para profesionais

As novas demandas dos clientes e do mercado requiren novas habilidades e coñecementos por parte dos profesionais e empresarios do sector turístico. Identificamos cales son as necesidades formativas e dámoslle reposta a través do deseño e desenvolvemos dun plan formativo práctico nas áreas de cociña, atención ao cliente e servizo, idiomas, xestión, lexislación e márketing. Estas accións formativas son flexibles e adpátanse aos horarios e tempadas dos profesionais. Algunhas das accións poden ser obxecto de bonificación por parte das empresas do sector de hospedaxe e restauración.

Formación para a integración social

Traballamos con colectivos desfavorecidos e en risco de exclusión social para a súa integración sociolaboral no sector hostaleiro a través de accións formativas específicas para aprender un oficio

Cursos para a integración laboral

O Centro de Formación e Cultura Gastronómica conta con todas as homologacións das especialidades de hostalería e turismo para impartir accións formativas encamiñadas á integración laboral de persoas en situación de desemprego, dentro dos plans autonómicos e estatais de formación para desempregados. Polo noso centro pasaron máis de 9.000 alumnos e case un 30% deles atoparon un traballo no sector hostalerio.

Actividades formativas para público xeral

Ao longo de todo o ano o Centro de Formación e Cultura Gastronómica acolle actividades divulgativas e formativas dirixidas ao público xeral. Cursos de cociña infantil, iniciación á cociña, coctalería, enoloxía, protocolo, cociña de tempada, cociña temática, decoración de mesas, fotografía e video gastronómico e calquera outra acción formativa que poida resultar de interese para os afeccionados e entusiastas da enogastronomía en xeral.

PONTE EN CONTACTO...

Para organizar unha consulta ou taller, envíenos unha mensaxe.

Nome (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaxe

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies