Ante a situación de alerta sanitaria decretada polo Goberno de España, o Ministerio de Sanidade publicou unha nota informativa na que comunica que as tarefas das empresas e servizos a terceiros de prevención e control de lexionela limitaranse ás esenciais para que toda instalación que siga en funcionamento, durante este período, cumpra a normativa. 

Considéranse tarefas esenciais a reparación de avarías o a realización do mantemento de instalacións. Non se consideraran tarefas esenciais, as de carácter accesorio, voluntario o cuxa falta de realización ou aprazamento non poña en risco o acceso a bens básicos, a vida das personas ou que provoquen danos de imposible ou difícil reparación, como a apertura de novas instalacións ou a revisión voluntaria de equipos e instalacións cando dita revisión poida aprazarse no tempo sen risco para as personas, os bens ou a produción. 

É necesario lembrar que todas estas actuacións deberán facerse cumprindo as medidas de hixiene persoal e colectiva e de distanciamento social recomendado polas autoridades sanitarias, así como de organización do traballo e de prevención de riscos laborais determinadas polos servizos de prevención das empresas do sector de tratamento das instalacións que poden supor un foco de propagación da legionella. 

As seguintes recomendacións fanse para establecementos que manteñen as súas instalacións pechadas durante o período de alerta sanitaria, xa sexa cos circuítos ou acumuladores baleiros ou en funcionamento, e para aqueles establecementos que teñen a obriga de permanecer abertos. 

Seguiranse os seguintes protocolos atendendo as distintas características da instalación durante o estado de alerta: 

1. Establecementos con instalacións de AQS pechados (auga quente sanitaria, dispoñen de acumulador de agua quente) durante a alerta sanitaria, tendo en conta as dúas posibilidades que poden darse: 

a. Instalacións nas que se procede o baleirado dos circuítos e dos acumuladores 

b. Instalacións con circuítos en funcionamento 

2. Establecementos con instalacións de AQS abertos durante o estado de alarma 

A continuación indícase, dependendo de cada caso, o protocolo a seguir en diferentes instalacións para o control de lexionela durante a situación de alerta polo Covid-19. 

● INSTALACIÓNS DE AQS PECHADOS DURANTE A ALERTA SANITARIA 

Deberán diferenciarse dúas opcións: aquelas nas que se procede ao baleirado do circuíto ou, pola contra, aquelas instalacións que permanecen en funcionamento pero pechadas ao público. 

1. INSTALACIÓNS NAS QUE SE PROCEDE AO BALEIRADO DO CIRCUÍTO DE AUGA E ACUMULADORES: 

Seguirase o protocolo de actuación a continuación descrito: 

i. Proceder ao baleirado de toda a instalación, asegurándonos de que dito baleirado é completo. 

ii. Antes da reapertura, deberase realizar unha limpeza e desinfección conforme ao procedemento de hipercloración establecido no Anexo 3B do RD 865/2003, do 4 de xullo a través de empresas autorizadas. En instalacións sen retorno, poderase realizar en vez de tratamento de choque químico, unha desinfección térmica. 

iii. Pasados os 15 días da limpeza e desinfección da instalación, procederase á recollida de mostras para a determinación de lexionela nos puntos representativos da instalación de AQS incluídos os retornos. 

iv. Unha vez abertas as instalacións ao público, volveranse ás operación de mantemento hixiénico-sanitarias establecidas na lexislación vixente de prevención da lexionelose. 

Todas as operacións e controis levados a cabo serán rexistrados no Plan para o Control e Prevención de Lexionelose establecido. 

2. INSTALACIÓNS CON CIRCUÍTOS EN FUNCIONAMENTO 

O funcionamento e control destas instalacións seguirán os protocolos habituais: 

i. Manter as temperaturas en puntos terminais (auga quente en puntos terminais de 50ºC mínimo, temperatura de acumuladores de 60ºC mínimo, temperatura fría en puntos termímais de máximo 20ºC). 

ii. Purgas dos puntos terminais, válvulas de drenaxe, retorno, etc. coa fin de evitar o acumulo de sedimentos con unha frecuencia semanal.

iii. Apertura semanal de puntos terminais en desuso. 

De non poder asegurar o cumprimento destes requisitos durante o período de peche do establecemento, antes de proceder a repaertura deberase realizar unha limpeza e desinfección conforme ao procedemento establecido no Anexo 3B do RD 865/2003 a través de entidades autorizadas. No caso de redes de AQS sen retorno poderase levar a cabo desinfección térmica en vez de química. 

Todos os operación e controis levados a cabo, serán rexistrados no Plan para o Control e Prevención de Lexionelose establecido. 

Antes da reapertura do establecemento, levarase a cabo a limpeza e desinfección de espazos, superficies, instalacións, etc. seguindo as recomendacións de hixiene persoal e de limpeza e desinfección, establecidas en relación á pandemia por COVID-19. 

● INSTALACIÓNS DE AQS ABERTOS DURANTE A ALERTA SANITARIA 

Deben extremar as precaucións para manter as instalacións dentro dos criterios establecidos no seu plan de prevención e control da lexionelose, aumentando a frecuencia de purga establecida. O mantemento basearase en: 

1. Asegurar o cumprimento do rango de temperaturas do RD 865/2003 (temperatura quente de 50ºC mínimo en puntos termináis, 60ºC en acumuladores, temperatura fría en puntos termináis de máximo 20ºC).

2. Aumentar as purgas de puntos terminais, válvulas de drenaxe, retorno e acumuladores.

3. Realizar as analíticas programadas e aquelas adicionais que podan ser necesarias en caso de realizar modificacións na instalación.

4. Mantemento das instalacións segundo o programado.

5. Realizar as actuacións previstas no plan para o control e prevención de Legionella establecido. 

Durante o estado de alarma, levarase a cabo a limpeza e desinfección de espazos, superficies, instalación, etc. seguindo as recomendacións de hixiene persoal e de limpeza e desinfección, establecidas en relación á pandemia por COVID-19. 

Toda a información proporcionada, pode verse modificada segundo as recomendación e obrigas emitidas polas diferentes autoridades, así como polo persoal experto neste tipo de pandemias, polo que, dende esta entidade proporcionaremos información continuada acerca das actuacións a levar a cabo así como doutros documentos de interese. 

Calquera dúbida ou cuestión o respecto, poden poñerse en contacto mediante os medios habituais (correo electrónico sanidad@santiagohosteleria.org ou teléfono 981592700), para a súa aclaración.