Tras a publicación del RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, obrígase o peche de todas aquelas actividades non consideradas como esenciaís (restaurantes, hoteis, actividades deportivas, piscinas, etc). 

O obxecto das diferentes notificacións emitidas polas Autoridades é facilitar aos titulares das instalacións as recomendacións e criterios básicos, de xeito que a calidade da auga se deteriore o menos posible facilitando a súa posta a punto de forma máis sinxela no momento en que deixe de ter vixencia o estado de alarma e se proceda á apertura. 

Recóllese a continuación as diferentes opcións para este peche temporal de piscinas, sen olvidar que durante o estado de alarma, poderanse levar a cabo tarefas esenciais nas instalacións, considerando como esenciais as tarefas de reparación de avarías ou a realización do mantemento das instalacións. 

 ● OPCIONS PARA O PECHE TEMPORAL DE VASOS CUBERTOS 

Exiten tres opcións de peche de vasos cubertos: 

1. Vaso pechado mantendo a recirculación. 

2. Vaso pechado con parada da recirculación.

3. Baleirado do vaso (só se poderá levar a cando o baleirado do vaso non poña en risco a integridade da súa estructura e sempre e cando se poda levar a cabo de forma segura).

Cada unha destas opcións deberá cumplir os protocolos de actuación e controis que a continuación se mostran. 

1. MANTEMENTO DA RECIRCULACION: protocolo de actuación e controis a seguir 

Manter o vaso en funcionamento habitual, operando con niveis de cloro maiores (entre 1-2 mg/l) e pH entre 7.2-7.4. No caso de formación de algas, proceder a unha hipercloración a 10 ppm durante un mínimo de 1 hora. 

● PROTOCOLO 

  1. Desconectar o sistema de quecemento da auga da piscina 
  2. Deixar a auga enfriarse á temperatura ambiente 
  3. Manter o sistema de cloración entre 1-2 mg/l e pH 7.2-7.4 
  4. Non engadir floculante 
  5. Regular a saída de auga cara o sistema de depuración preferementemente polo fondo e polo rebosadoiro para asegurar o movemento de toda a masa de auga 
  6. Reducir a temperatura da instalación aproximadamente a temperatura da auga (igual ou por riba da auga) 
  7. En caso de detección de algas, proceder a unha hipercloración según o establecido a continuación 
  8. Medicións e controis a determinar 
CONTROIS PARA VASOS CON RECIRCULACIÓN MANTIDA 
FRECUENCIA  CONTROIS 
DIARIO  ●Medir os niveis de cloro o pH e axustalos se é necesario. 

Comprobar visualmente o estado da auga da piscina, especialmente a formación de algas en ángulos mortos e esquinas 

Revisar a altura da auga nos rebosadoiros 

SEMANAL  Limpeza do fondo debido a que as algas proliferan con temperaturas mornas 

●En caso de presenza de algas, efectuar unha hipercloración con 10 ml/l de cloro polo menos unha hora co pH a 7 

MENSUAL  ●Limpar os filtros 

●Efectuar outros mantementos de rutina que se consideren necesarios 

NON SE REQUIRE DA ANALISE DA CALIDADE DA AUGA HABITUAL 

Todos os controis levados a cabo serán debidamente reflexados no seu Plan de Prevención e Control da Lexionelose. 

2. PARADA DA RECIRCULACION: protocolo de actuación e controis a seguir 

Non se procede ao baleirado do vaso pero párase a recirculación. Procederase a una hipercoloración (20 ppm e pH 7.2-7.4) e semanalmente porase en funcionamento a recirculación e filtrado para que pase, polo menos, todo o volume de agua do vaso unha vez. Deberá controlarse que os niveis de cloro non baixen de 1-2 ppm.

● PROCOTOLO 

  1. Hiperclorar con cloro a 20 mg/l y pH 7.2-7.4 
  2. Desconectar a dosificación automática 
  3. Parar o sistema de recirculación 
  4. Reducir a temperatura da auga e do aire como no caso anterior 
  5. Proceder á recirculación e filtrado semanalmente 
  6. Medicións e controis a determinar 
CONTROIS PARA VASOS SEN RECIRCULACIÓN 
FRECUENCIA  ACTIVIDADE
SEMANAL  ●Comprobar os niveis de cloro e pH e axustar se fose necesario para mantenlos de 1-2 mg/l e pH de 7.2-7.4 

Poñer en funcionamento as bombas de recirculación e os filtros durante un período de recirculación enteiro (3 horas ou o tempo necesario) para reducir o estancamento. 

●Proceder á recirculación e filtrado semanalmente, de forma que toda a auga do vaso pase polos filtros. 

Conectar se é posible as bombas polo sumidoiro para prover dun mínimo de movemento e evitar zonas mortas na masa de agua. 

NON SE REQUIRE DE CONTROL ANALÍTICO DA CALIDADE DE AUGA MENSUAL 

Todos os controis levados a cabo serán debidamente reflexados no seu Plan de Prevención e Control da Lexionelose. 

 

3. BALEIRADO DA PISCINA: únicamente poderase levar a cabo en aqueles vasos nos que non se vexa comprometida a integridade da sua estrutura 

Con carácter xeral, non está aconsellado o baleirado de vasos para preservar a integridade da súa estrutura, salvo para aqueles vasos que se atopan deseñados para ser baleirados de forma regular e existen procedementos para conseguilo de forma segura. 

Para o caso específico de vasos dos SPA-JACUZZI de menos de 3 m3, sinalar que están diseñados para o seu baleirado regular, non afectando este proceso a estrutura do vaso. 

O baleirado do vaso, deberá levarse a cabo seguindo as seguintes condicións: 

– Aumentar o cloro libre ata 5 ppm antes de baleirar o vaso, o depósito e as tubarías asociadas. 

– Proceder ao baleirado do vaso asegurándose de que se leva a cabo de forma segura e completa. 

● NOTIFICACIÓN DE DATOS AO SISTEMA DE INFORMACIÓN NACIONAL DE PISCINAS: 

A data límite de introdución de datos anuais relativos a 2019 no sistema Sistema de Información Nacional de Piscinas (SILOE) quedou suspendida establecendo a data tope de notificación ata o 1 de xuño de 2020. 

● REAPERTURA DA INSTALACIÓN TRALO PECHE: 

Unha vez levantado o estado de alarma decretado, debemos preparar a instalación para a súa apertura seguindo o seguinte protocolo: 

VASOS NON BALEIROS CON OU SEN RECIRCULACIÓN: protocolo de apertura 

1. Limpiaranse e desinfectaranse as superficies con especial atención ás maniveles de portas, taquillas, portas, sillas, e outros elementos colectivos seguindo as recomendacións xerais de limpeza e desinfección de espazos públicos en relación a pandemia por Covid-19. 

2. No caso de ter optado pola parada da recirculación, efectuarase unha hipercloración antes da posta en marcha con 50 mg/l de cloro polo menos durante 1 hora co pH a 7.0. 

3. En todos os casos e previamente a reabrir a instalación, a piscina deberá ser requentada de forma controlada, aumentando a temperatura gradualmente en non máis dun grao centígrado cada catro horas, para evitar o crecemento bacteriano.

4. Axustaranse os valores de cloro e pH antes da súa apertura ao público.

5. En todos os casos deberá efectuarse o control inicial de agua dos vasos que mostre que a calidade da auga se axusta ao establecido no anexo I do RD 742/2013, do 27 de setembro. 

6. Achegarase unha comunicación do reinicio de actividade da piscina a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

VASOS VALEIROS protocolo de apertura 

1. Limpiaranse e desinfectaranse as superficies con especial atención ás maniveles de portas, taquillas, portas, sillas, e outros elementos colectivos seguindo as recomendacións xerais de limpeza e desinfección de espazos públicos en relación a pandemia por Covid-19. 

2. Antes de encher o vaso, hiperclorar unha solución de 50 mg/l a pH 7.0 durante mínimo 1 hora.

3. Seguir as recomendacións habituais para o seu enchido e reestablecer os parámetros legais. 

4. Efectuar o control inicial da auga dos vasos que mostre a calidade da mesma. 

5. Achegarase unha comunicación do reinicio de actividade da piscina a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.