O 17 de Febreiro as 10 horas terá lugar nas nosas instalacións da Rúa Salvadas unha nova xornada formativa cos docentes de Edan Xestión.

‘Onde están e como son os meus clientes’, indica a temática desta charla incluida nun ciclo de pequenas accións formativas pensadas para as persoas que dirixen ou ten como obxectivo responsabilizarse dun negocio de hostalaría.

Cada actividade ten unha duración de dúas horas que se dividen en exposición participativa e debate aberto. O contido destas aulas procura dar solucións prácticas e útiles aos profesionais do noso sector que elixan asistir e é por iso que os grupos serán reducidos de non máis de 12 persoas por xornada.

O prezo de cada actividade é de 30€ por asistente no caso de estar asociado a Hosteleria Compostela. Para os non asociados o importe ascende a 60€ por persoa.

 

As inscripcións pódense facer enviando un mail cos datos persoais a info@edanxestion.com co asunto ‘INSCRIPCIÓN CURSO ASOCIACIÓN HOSTELERIA’ ou chamando ao número de teléfono 667905330.