A Rutas de Viño ‘Revera Vinum Compostela‘ desenvolveranse do 18 ao 27 de marzo de 2022 (ambos incluídos) en Santiago de Compostela.

Estableceranse un máximo de cinco rutas de viño, tratando de cubrir a maior extensión posible do municipio.

Cada ruta incluirá 7 locais distribuídos por proximidade xeográfica.

En cada local informarase a través dun cartel situado nun lugar visible dos viños con DO ou IXP galegas que estarán á disposición da clientela.

A clientela atopará nos locais participantes nas rutas ‘Revera Vinum Compostela’ uns tarxetóns nos que selar as consumicións.

En cada tarxetón poderán completar unha ruta. Por cada ruta completada, os participantes entrarán nun sorteo de diferentes agasallos (lotes de viños, catas gratuítas, viaxes de turismo enogastronómico nas adegas participantes no evento…).

Unha vez completada unha ruta, deberán entregar o tarxetón nun dos locais participantes, que os conservarán ata o final do evento cando serán recollidos por persoal da organización.

O sorteo de agasallos realizarase o venres 1 de abril na sede da Asociación Hostalaría Compostela.

BASES PARTICIPACIÓN

Poderán participar nestas rutas todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

A organización fixa o número de locais participantes nun máximo de 42, por rigorosa orde de inscrición.

Inscricións: Deberán rexistrarse, para tal fin, entre o 24 de febreiro e o 3 de marzo (ambos incluídos) enviando a folla de inscrición por correo, entregándoa persoalmente na oficina técnica do evento ou cubrindo o formulario de inscrición online.

Oficina técnica:

Rúa das Salvadas 29 . 15705 Santiago de Compostela

Enderezo electrónico: socios@santiagohosteleria.org

Teléfono: 981 59 27 00

Horario: de 9 a 14 e de 16 a 19 horas de luns a xoves e venres de 8 a 15 horas.

Os locais participantes deberán:

  • Selar o ‘tarxetón’ a todos os clientes que o precisen, logo de que consuman unha copa da lista de viños con DO ou IXP galegas que teñan no local.
  • Exhibir nun lugar visible o cartel coa lista de viños con DO ou IXP galegas dispoñibles.
  • Conservar os ‘tarxetóns’ cubertos pola clientela ata a finalización do evento, cando a organización os recollerá para proceder ao sorteo de agasallos.

O presente evento queda suxeito ás limitacións que, como consecuencia da actual situación de pandemia, se impoñan polas autoridades con competencias en materia de saúde pública.