A Asociación Hostalaría Compostela lamenta as novas restricións ao sector anunciadas hoxe polo Goberno galego, que no caso de Santiago, Ames e Teo implican a prohibición do consumo no interior dos locais, o servizo en terraza a un 50%, o peche ás 18:00 horas e un máximo de catro persoas por mesa. “Os hostaleiros composteláns somos os maximamente afectados polas decisións do Goberno galego e non temos ningún tipo de compensación”, denuncian desde a Xunta Directiva.

A entidade recorda que hai unha alta porcentaxe de axudas sen conceder como, por exemplo, de ata un 90% no caso da Liña de Microempresas da Xunta. Por un valor total de entre 4000 e 5000 euros, anunciouse que se ingresarían metade en decembro e metade en xaneiro pero a día de hoxe aínda non se fixo efectiva ningunha cantidade.

Desproporcionadas e improvisadas

Hostalaría Compostela considera absolutamente desproporcionadas estas medidas, cando a incidencia acumulada en Santiago coincide coa media española e cando só se toman contra a hostalaría, mentres que no resto de sectores a mobilidade segue sendo a mesma.

A Asociación entende que o incremento dos positivos durante as festas de nadal non é responsabilidade do sector. No pasado decembro os bares e restaurantes non acolleron nin festas nin ceas de empresas e sufriron unha diminución dos ingresos dun 80% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Nese período si que  houbo unha mobilidade específica noutros ámbitos, tal e como informou o conselleiro de Sanidade en rolda de prensa, como festas privadas, onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade nin hixiene.

Así mesmo, a entidade compostelá denuncia unha vez máis a improvisación do Goberno galego na posta en marcha destas medidas, das cales non saben nin cando entran en vigor, sen dar marxe de adaptación a elas, co prexuízo que iso supón para os negocios hostaleiros.

Hostalaría Compostela lembra que o sector leva meses reclamando un rescate que permita salvar a pequenas e medianas empresas e, polo tanto, os miles de postos de traballo que dependen delas, pero as súas reclamacións non obtiveron unha resposta satisfactoria nin por parte do Goberno galego nin por parte do Goberno central. A entidade valora iniciar mobilizacións para tratar de buscar unha fórmula acordada que permita desenvolver a súa actividade e que trace a medio prazo unha estabilidade no conxunto do sector.

Has one comment to “A hostalaría compostelá, maximamente afectada polas decisións do Goberno galego e sen compensacións”

You can leave a reply or Trackback this post.
  1. Circe Rodríguez - 8 enero, 2021

    Yo quiero saber que medidas vamos a tomar ,¿por qué no veo que nadie luche por nosotros ? , son familia ahogadas por Impuestos,alquileres, luz , agua , gas, bancos ect, las ayudas nunca llegan a todos, somos un gremio que sabiendo que los centros comerciales , autobuses y fiestas descontroladas ,son las verdaderas causantes de esta propagación , solo a nosotros nos ahorcan hasta el nivel que la quiebra de muchos de nosotros ya es evidente .
    Hasta cuándo vamos a permitir tanto abuso , si tú me cierras y no puedo trabajar pues tengo derecho a no pagarte impuestos , créditos ,ni pagar luz ,agua , ya que no somos nosotros los que nos vamos por gusto ,son usted gobernantes y su comité de incapaces los que nos arrinconan sin explicaciones , HOSTELERÍA DESPIERTA ,NO MÁS ABUSO .Se Viola nuestro derecho al trabajo libre y vulneran las seguridad económica de nuestras familias